10/04/18

O NOSO HORTO



Coa chegada da Primavera atopámonos inmersos de cheo nas labores de horto... e xa que o tempo non nos acompaña para a colleita exterior, puxémonos mans á obra para deixar ben preparado o noso invernadero ecolóxico.
Forons uns días de plantación e traballo que todos desfrutamos, e agardamos ter bos resultados para poder probar tanta variedade como prantamos  ( xudías, coles,leitugas, cebolas, espinacas, guisantes, tomates, cenorias, brócoli...)

Esperemos que o tempo deixe florecer ao noso pequeno horto que cadavez colle máis forza.
Dende o cole xa coñecemos a importancia de comer san e natural, así como de coidar a natureza e o planeta terra. Pouco a pouco comezamos a deixar huella.















VISITA Á FEIRA DA CIENCIA



A semana pasada o alumnado de 5 e 6 visitou a Feira da Ciencia do Instituto de Ribadeo. Gustoulles moito a visita ao que será o seu "futuro fogar" e atoparon a antigos compañeir@s. 

Puideron experimentar que a ciencia non é tan aburrida como semella, e que incluso algunhas cousas parecen maxia. Viron experimentos de física e química, e sobre todo, recompilacións e estudos de plantas e restos xeolóxicos do alumnado de bioloxía e ciencias naturais da ESO.