Recibimos ao noso amigo o meco que nos anuncia a chegada do entroido.
Deixámosvos un pequeno resumen desta actividade.
https://youtu.be/jfdY_0l6_f4
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
23/03/17
ROSALÍATE!
O venres 17 de febreiro celebramos o día de Rosalía no noso centro. Durante a semana, os rapaces traballaron a obra de Rosalía de Castro, recitaron poemas e realizaron un mural.
Tamén elaboraron unha carauta de Rosalía.
NOVO MOBILIARIO PARA A BIBLIOTECA
ENTREGA DE PREMIOS DA BIBLIOTECA NO COLEXIO
O día 30 de xaneiro recibimos a visita da alcaldesa, acompañada de dúas concelleiras, para facer entrega dos premios de poesía do Nadal.
DEGUSTACIÓN DE TIPOS DE PANES
No mes de xaneiro, no comedor, os rapaces participaron nunha degustación de tipos de panes: de sementes, de froitos secos...
CALENDARIO DE POSTRES TRADICIONAIS
Este ano, durante o primeiro trimestre, o noso Centro participou co Colectivo Estiño na elaboración dun calendario. Dito colectivo adícase dende hai 38 anos a elaborar calendarios coa
colaboración de colexios da provincia de Lugo.
A
recaudación da venda dos mesmos está destinada a acadar fondos para realizar accións
sociais en Nicaragua.
Dende
o colexio, como colaborador na elaboración, poñemos á venda os calendarios a 1,50€.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)