Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
13/11/18
MAGOSTO 2018
O pasado venres celebramos o Magosto popular no colexio, xunto cos rapaces e rapazas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón.
Os máis pequenos gozamos dunha sesión de cestería, mentres que os maiores participamos nun obradoiro de baile tradicional galego.
Ao rematar as actividades comimos e xogamos todos xunt@s. Por suposto, non faltaron as castañas!
Grazas aos nos@s amig@s do cole veciño por participar nesta xornada xunto a nós!
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras enchénse de novidades este curso!🎒
Xogos novos , abrementes, e libros actuais para que o noso alumnado aprenda e se divirta! Gozádeo en familia e sacadelle moito proveito!! O noso caderno viaxeiro estará moi contento se lle enchedes as páxinas de bonitas creacións!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)