Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
27/04/20
TRABALLO 28.4.2020 .ENGLISH & SOCIAL SCIENCE .
Bo día chic@s! Unha vez activados e traballado un pouco o noso lado máis creativo e emocional , imos darlle actividade tamén á nosa parte do cerebro máis racional e seguir aumentando coñecement. Aquí vos deixamos o traballiño de hoxe.
1º primaria: 28.4.2020
2º primaria: 28.4.2020
3º primaria: 28.4.2020
4º primaria: 28.4.2020
5º primaria: 28.4.2020
6º primaria: 28.4.2020
Calquera dúbida non deixedes de escribirnos aos correos das profes vale?
Bo día!!! Que teñades un día cheo de cores e aproveitade para saír a fóra e disfrutar da natureza aínda que chova, sodes moi afortunados! :)
MARTES 27.4.2020. WELCOME.
Bo día chic@s!!!! Que tal estades?
Aproveitades ben e cumprindo as normas o tempiño de exterior? Queredes
compartir con nós as vosas experiencias? J
Hoxe é o día da EDUCAIÓN FÍSICA na rúa / na casa este ano! Así que
movámonos!
Un pouquiño de baile cunha canción
que vos motive Can't stop the feeling https://www.youtube.com/watch?v=Ojblhvzvjsk, e a continuación estiramentos con Ioga. https://www.youtube.com/watch?v=ItRxM3z3E4w
A continuación música para activar
as nosas neuronas e corpo: https://www.youtube.com/watch?v=CY8E6N5Nzec
Hoxe propoñémosvos dous retos:
- Un reto de
psicomotricidade: Cunha tixola (sartén) e un rollo de papel hixiénico, lograr
darle a volta dentro da tixola e que quede dereito ; como se fosemos Mestres
das tortillas, e fosemos xogar ao tenis.
- Un reto
artístico para fomentar a imaxinación: Darlle vida a unha caixa. Temos que lograr
inventar unha historia, un obxecto, un lugar, un xoguete…. Partindo
de algo simple como unha caixa de cartón. Unicamente deixar voar a nosa
imaxinación
Moita forza superhéroes! Bo día!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)