Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
22/04/20
TRABALLIÑO 23.4.2020 LENGUA E RELIXIÓN
1º PRIMARIA: 23.4.2020
2º PRIMARIA: 23.4.2020
3º PRIMARIA: 23.4.2020
4º PRIMARIA: 23.4.2020
5º PRIMARIA: 23.4.2020
6º PRIMARIA: 23.4.2020
Aquí vos deixamos o traballiño de hoxe, para relixión sabedes que podedes acceder ao blogue da profe Consuelo. http://cativos-consuelo.blogspot.com/
Fíxadevos, e desfrutade do día e do traballo! FELIZ DÍA DO LIBRO!!! :)
DÍA DO LIBRO NA CASIÑA! 23 de abril de 2020
Xoves 23 de abril: Hoxe é o día do libro!!!! J
Imos comezar o día cunha frase preciosa dunha película para os
máis maiores, pero que é fermosa e amosa o poder da Educación e a figura dos
Mestres de corazón. Para os papis/ mamis que non a viran, unha boa opción: A
lingua das bolboretas, que ten como orixe o libro do autor galego Manuel Rivas.
Para comezar o día ides a debuxar un libro aberto ou facelo cun
cartón e dentro, con letras ben fermosas responder á seguinte frase: Que é un
libro para min?
A continuación imos ver estes dous vídeos fermosos en familia.
Un creo que xa vos soa o outro, unha creación fermosa paraos máis maiores. Mirade todo o que a xente crea cos libros!!!
Chuladas J
A continuación, a FOTO ARTÍSTICA do día será LENDO. Podedes
mandar unha foto lendo en calquera lugar que vos apeteza, compartindo lecturas,
fotos bonitas, orixinais, artísticas….
Un contacontos e dous vídeos motivacionais para comezar a
xornada emocionándonos:
Os máis maiores: faredes tamén unha frase de motivación á
lectura ao máis puro estilo “mr. Wonderful” empregando lettering (letras
fermosas e decoradas). A frase motivacional pódese buscar (se a dades inventado
mellor que mellor).
Ademais hoxe facémosvos unhas recomendacións de películas para
ver en familia, se vos apetece, a fin de semana, nas que se demostra, unha vez máis, a
importancia da lectura e as excelentes achegas que nos fan os libros:
-Matilda (algún nen@ xa a viu no cole).
-La historia interminable
- El valiente Despereraux
-El guardián de las palabras
Sabedes que o día do libro e o día de San Jordi, San Jorge, St.
George’s e o seu símbolo é a rosa. Rosa que compartimos e agasallamos con
lecturas neste 23 de abril. Aos que lles
apeteza agasallades rosas vermellas? Aquí algunha idea de cómo facelas J
Se vos apetece por suposto combinámolo con Ioga para mover os
nosos esqueletos de boa mañá e comezar moi relaxados! J
Boas lecturas! E feliz día do Libro campións! Miss you!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)