23/03/20

MARTES 24.3.2020. COMEZAMOS O DÍA CON ENERXÍA.


Bo día chic@s!

Que tal ides? Entretid@s? Hoxe dedicarémoslle o  día a C. Sociais  e a English.

Empezamos con enerxía? Escoita a seguinte canción de Queen e montáte un baile motivador ben chulo e cheo de power. Compártesnolo?  Imos divertirnos un anaco.


A continuación reflexiona sobre os teus sentimentos e fai uns debuxos encadrado nun espello.   
1: Como me sinto?
2: Como me gustaría estar agora?

E por último, continúa cos retos que che propuxemos a comezos da semana!!!
Hoxe engadimos unha nova proposta. Un conto sobre esta situación que estamos a vivir que vos pode gustar, con ilustracións ben fermosas.

-      CORONAVIRUS NO ES NI UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

TODO VAI SAIR BEN! J

TRABALLIÑO 23.3.2020 DÍA MATEMÁTICO E MUSICAL

1º PRIMARIA:  Traballo 23.3.2020

2º PRIMARIA: Traballo 23.3.2020

3º PRIMARIA: Traballo 23.3.2020

4º PRIMARIA: Traballo 23.3.2020 

5º PRIMARIA:  Traballo 23.3.2020

6º PRIMARIA:  Traballo 23.3.2020

Nova semaniña de Escola na casa :)


Bos días amig@s!! Comezamos nova semana.  Paciencia, sorrisos e positivismos para sobrelevar outra semaniña. Chegou a primavera e aínda que non o podemos disfrutar moito, si o podemos observar desde as nosas ventás e hortas.

Para comezar o día con alegría podemos escoitar de novo: Sonrisa (https://www.youtube.com/watch?v=JFyEx-DGvfk)

Os retos para este novo comezo serán:

-Facer de fotógrafos: mandar unha fotografía artística, ben chula de algo do que se observa desde a nosa porta/ ventá da casa.

-Deseñar un collage primaveral (Técnica pictórica que consiste en pegar sobre una tela, papel u otra superficie otros materiales, como papeles diferentes, tela, fotografías, etc.)

-Facer un debuxo de flores ben colorido e fermoso partindo de formas xeométicras( cuadrados, rectángulos, círculos, rombos)

-Facer unha pócima (intentar inventar un xarope contra o virus) empregando herbas, flores, follas, vinagres, aceites etc todo o que se vos ocurra, pero cousiñas naturais.  Facer foto e compartir co resto do cole! Encántanos poder  vervos e saber algo de vós aínda na distancia.

- Facer un debuxo/ composición artística no chan con teas/ pancarta etc. co lema tan galego e tan positivo  e que tanto debemos pensar agora NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA J

E a nosa REFLEXIÓN para hoxe:  
Poñemos a seguinte canción que se está a escoitar moito estos días (https://www.youtube.com/watch?v=6yAIlGfkv6w ) Pechamos os ollos e imaxinamos. Que sintes? Reflexiona sobre a letra, e comparte os teus pensamentos co resto de compis J Pode ser en forma de vídeo ou escrito.

E o PENSA FÓRA DA CAIXA de hoxe vai con condición. Deberedes inventar algo relacionado coa primavera ( flores, árbores, insectos...) Por suposto, non é unha lúa ;) 





Por certo aínda non vimos fotiños de moitos dos retos anteriores! Estadesvos a esquecer? Ánimo! Que así aínda vos entretedes e matades o tempiño!!! J

Seguimos en contacto chicos!! Non vos esquezades de mirar todas as recomendacións que vos vamos engadindo nas redes sociais! Hai cousas moi chulas!  Alegrádenos os días coas vosas cousiñas! Encántanos recibir cousas vosas, que vos botamos de menos.

Saudiños e recordade ENTRE TOD@S saímos desta J