Luns, comezamos nova semana cun
pouquiño máis de liberdade!
Que alegría chic@s!! Podemos empezar a quedar coa
xente que queremos e disfrutar da súa compañía pero con sentidiño! Hai que ser
responsables e ter as precaucións indicadas e non botar agora a perder todo o
bo que viñemos facendo! J
Hoxe, imos comezar o día
RESPIRANDO, agradecendo esta liberdade que vamos gañando pouquiño a pouco e
valorando os entornos dos que nos rodeamos.
A canción da mañá, é a seguinte: RESPIRAR
https://www.youtube.com/watch?v=zEuaqA-LTi4
Fíxadevos na letra, é fermosa,
sentidea e animámsovos a facer un pequeno vídeo na natureza, cun anaco de
canción, sentindo ese RESPIRAR.
Deixámosvos tamén un conto
titulado RESPIRA, que nos axuda a encontrar a Calma, a mellorar a nosa
respiración e a lograr mellor relaxación, para aprender pouquiño a pouco os
movementos de Ioga, probamos? Conto: https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA
Ademais, como reto artístico de
hoxe, xa que agora se van a convertir nun complemento necesario para respirar,
en moitas situacións, imos diseñar e decorar a nosa MASCARILLA particular,
por favor, sede orixinais.