Estamos a celebrar a Semana da Prensa na Escola e con ela puxemos en marcha o noso pequeno Quiosco.
Os nenos e nenas poden disfrutar dos xornais e revistas da nosa terra así como daqueles máis internacionais, para enterarse tamén do que pasa no resto do mundo.
Recordemos o papel fundamental que xogan os medios de comunicación no día a día, e a importancia de ser bos críticos ante a información que recibimos, pois non todo é sempre como no lo contan.
Os nenos e nenas tamén están a traballar un pouquiño na prensa dixital, tan importante como a de papel ou máis hoxe en día, así como a coñecer as diferentes canles polas que nos chegan as novas ( telexornais, radios, redes sociais, xornais, artigos de revistas... )
Sempre é un bo momento para adicarlle un anaco do día a ler ou escoitar as novidades actuais cos vosos pequen@s.
O QUIOSCO DO CURRÁS
ALGÚNS DOS XORNAIS DISPOÑIBLES