O venres pasado tivemos unha charla de Intelixencia Emocional. Coñecimos un pouco máis a fondo as nosas emocións e como funcionan dentro de nós.
Descubrimos as ensinanzas e aprendizaxes emocionais que hai nas películas de debuxos que tanto nos gustan, en especial na de Inside Out, que viramos anteriormente no cole.
Foi moi divertido, e tod@s mostrámonos un pouquiño máis de nós ante os demais! Agora é o momento de ir poñendo en práctica no día a día o que aprendimos e seguir descubrindo este mundo.
Xa sabemos que Crer en nós é o punto de partida, e todos podemos lograr aquilo que nos propoñamos.
Gracias a Guillermo Amor por facernos pasar un rato tan agradable e axudarnos a mostranos tal e como somos.
Ata a próxima! A seguir EMOCIONÁNDONOS ;)