14/04/20

Un mes campeóns! 15 abril 2020



Bo día pequen@s!!!! Imos collendo o ritmo?

Sabedes? Cumplimos un mes de confinamento!! O 15 de marzo as noticias do bichiño que andaba solto facíannos separanos pero sabedes que tamén? Estades feitos uns campeóns! Estadelo a facer xenial e aínda que separados físicamente intentamos seguir unid@s da mellor maneira posible. RESISTIREMOS!

Hoxe imos comezar  sendo grandes cantantes! Temos que  facernos un minivideo cantando a canción de hoxe e co micrófono máis orixinal que poidades imaxinar e crear con cousiñas da casa.

Canción para hoxe: Que demostra unha vez máis que ante esta situación somos todos iguais, e que non hai barreiras nin murallas que existan.  Bajo el mismo sol: https://www.youtube.com/watch?v=aNHwNreDp3A
Pronto poderemos disfrutar do sol xuntos xa veredes! J

E conto con valores: El cazo de Lorenzo. https://www.youtube.com/watch?v=4IoLSwBhVUw

Como creación de hoxe, aqueles que lles apeteza  imos facer PLASTILINA!!! Seguro que algún a bota de menos e non a ten pola casa e sempre mola un montón facer cousiñas con ela.
https://www.youtube.com/watch?v=BX1nxXP81LE  ( sen colorante tamén vale, se non o tedes disponible)

E para estiranos e manternos en forma, un pouquiño de Ioga. Podense animar mamis e papis tamén se lles apetece!!! J https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk&t=457s

Recordade sacar cada día o mellor de vós, e escribir as cousiñas positivas do día!


TRABALLIÑO 14.4.2020. Comezamos novo trimestre!


Voltamos das vacacións con moita forza, seguro que estando na casiña descansachedes un montón e xa botabades de menos ter algo de traballiño non si? 

Levamos xa un mes de casiña, separad@s, e cunhas clases moi estrañas,  pero xunt@s de corazón e aquí para o que necesitedes. 

Aquí vos deixamos un pouco de repaso hoxe para ir poñéndonos ao día, e non vos esquezades dos retos e actividades propostas, houbo moitas que quedaron no tinteiro aínda! :)

1º primaria: 14.4.2020
2º primaria: 14.4.2020
3º primaria: 14.4.2020
4º primaria: 14.4.2020
5º primaria: 14.4.2020
6º primaria: 14.4. 2020

ESTAMOS DE VOLTA, COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE! :)


Bo día peques!! 

Xa estamos de volta! Como foron as vacacións máis especiais da historia?? J

Non sabedes o que vos botamos de menos Isto faise moi raro, pois hoxe comeza un terceiro trimestre moi especial! A volta ao cole será virtual, a través das pantallas pero non por iso con menos ganas eh!!! J  Voltamos todos con moita enerxía e con ganas de dar o máximo de nós para que este tempo na casiña sexa do mellor.

Comezamos!
Canción de hoxe, unha festeira motivante donde as haxa, para novos comezos, para darnos conta de que todos os días sae o sol por moito que dure a tormenta: Todos los días sale el sol (https://www.youtube.com/watch?v=2Fy8P1MVfsQ). Bailadea como tolos e disfrutádea moito.

Reto artístico de hoxe:  facer un arco da vella ( arco iris) diferente. Xa pintamos arcoíris, e seguro que vichedes as redes plagadas e centos de versións de arcos da vella. Pois hoxe ides ser creativos, e para esta volta ao cole, diseñar a vosa creación de arco iris. Non vale píntalo nun folio como fixemos ata agora, senón facer un formato diferente ( pintado con tiza fóra, facer a forma con roupa de cores, empregar tapóns de botellas, facer un mural xigante con huellas. ) O que se vos ocurra, vamos a despertar un pouco o noso cerebriño!
E hoxe un recordatorio, esquecidechedes o frasco da felicidade? Estades a lembrarvos de escribir algo para el todos os días? Vamos a coller un novo hábito: ao final de cada día, escribiremos tres cousas positivas que nos pasara, e así ao final de todo isto, darémonos conta de que non poder saír á rúa non foi tan malo e sacamos moitísimo de bo.

E para comezar ben a xornada e non esquecernos de coidar corpo e mente. Un pouco de Ioga! 

Viravos xenial!!! Xa veredes :) Alá imos! 

Posturas yoga para niños | Posturas de yoga para niños, Yoga para ...