14/04/20

Un mes campeóns! 15 abril 2020



Bo día pequen@s!!!! Imos collendo o ritmo?

Sabedes? Cumplimos un mes de confinamento!! O 15 de marzo as noticias do bichiño que andaba solto facíannos separanos pero sabedes que tamén? Estades feitos uns campeóns! Estadelo a facer xenial e aínda que separados físicamente intentamos seguir unid@s da mellor maneira posible. RESISTIREMOS!

Hoxe imos comezar  sendo grandes cantantes! Temos que  facernos un minivideo cantando a canción de hoxe e co micrófono máis orixinal que poidades imaxinar e crear con cousiñas da casa.

Canción para hoxe: Que demostra unha vez máis que ante esta situación somos todos iguais, e que non hai barreiras nin murallas que existan.  Bajo el mismo sol: https://www.youtube.com/watch?v=aNHwNreDp3A
Pronto poderemos disfrutar do sol xuntos xa veredes! J

E conto con valores: El cazo de Lorenzo. https://www.youtube.com/watch?v=4IoLSwBhVUw

Como creación de hoxe, aqueles que lles apeteza  imos facer PLASTILINA!!! Seguro que algún a bota de menos e non a ten pola casa e sempre mola un montón facer cousiñas con ela.
https://www.youtube.com/watch?v=BX1nxXP81LE  ( sen colorante tamén vale, se non o tedes disponible)

E para estiranos e manternos en forma, un pouquiño de Ioga. Podense animar mamis e papis tamén se lles apetece!!! J https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk&t=457s

Recordade sacar cada día o mellor de vós, e escribir as cousiñas positivas do día!