Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
26/03/20
Xa estamos casi de finde! Traballo venres 27.3.2020
Hoxe toca Ciencias naturais, que xa practicachedes a parte artística no Reto Inicial da FESTA PRIMAVERAL.
Imos aló!!! Moitísimo ánimo!!!
Traballo 1º primaria : 27.3.2020
Traballo 2º primaria: 27.3.2020
Traballo 3º primaria: 27.3.2020
Traballo 4º primaria: 27.3.2020
Traballo 5º primaria: 27.3.2020
Traballo 6º primaria: 27.3.2020
Disfrutade do finde! Xogade moito, descansade moito, aburridevos moito e sobre todo compartide moito cariño coa vosa familia, querede moito!
OUTRA SEMANA SUPERADA!
Bos días de Venres chic@s!!
Xa chega a fin de semana! Como vai
esa enerxía?? Que non decaiga eh, que é venres e o corpo sábeo!!! J
Para esta fin de semana
propoñémosvos un SUPER RETO apétecevos??
As fins de semana sempre son sinónimo de descanso e diversión, e aínda
que nos toque estar na casa non ía ser menos non? Por que non montar unha
FESTA???
Pois si, para pasar estos días
entretidos, imos montar unha FESTA, unha
FESTA PRIMAVERAL para darle a Benvida á nova estación que acaba de entrar.
En toda boa festa non pode faltar
a decoración, podedes decorar o voso refuxio ou un recunchiño da casa/ xardín
con motivos primaverais, posters, debuxos de flores… etc.
Ademais, hai que vestirse para a
ocasión. Nada de pixama, nin chándal, a roupa máis colorida, divertida e
aloucada que teñades. Todo vale con tal de crear unha mix de cores ben chula.
Hoxe como ademais é o día
artístico dedicado á plástica imos facer algún accesorio para lucir ben
bonitiñ@s. Ademais de pintarnos a cara con flores, mariposas, beizos coloridos… Imos
facer un colar e diadema floreados. Se tedes campo accesible incluso o podedes
facer de margaridas de verdade! Se non hai ideas moi chulas para facelo con
pasta /palliñas e anacos de papel…
Gústavos?? Calquera outra idea que se vos ocurra é benvida!!
En calquer festa, e máis en
Galicia, ademais que non falta nunca??
Comida!!! Pero cuidadiño imos facer snacks ben saudables, que isto da
cuarentena é moi tentador.
Algunha suxerencia de snack para a
festa primaveral:
- Flores saudables
- Brocheta de froita
- Debuxos frutales. Esta idea ou
calquer outra!
Con algunha froita que teñades
pola casa, iogures, leite, cereais… imos
preparar un rico batido para facer un brindis virtual entre tod@s.
E por suposto, para amenizarnos o
día, MÚSICA para cantar, divertinos e
bailar coma tolos!!
Imos aló?? LET’S GO PARTY!!!!
FESTA RACHADA J
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)