26/03/20

OUTRA SEMANA SUPERADA!


Bos días de Venres chic@s!!

Xa chega a fin de semana! Como vai esa enerxía?? Que non decaiga eh, que é venres e o corpo sábeo!!! J

Para esta fin de semana propoñémosvos un SUPER RETO apétecevos??  As fins de semana sempre son sinónimo de descanso e diversión, e aínda que nos toque estar na casa non ía ser menos non? Por que non montar unha FESTA???
Pois si, para pasar estos días entretidos,  imos montar unha FESTA, unha FESTA PRIMAVERAL para darle a Benvida á nova estación que acaba de entrar.

En toda boa festa non pode faltar a decoración, podedes decorar o voso refuxio ou un recunchiño da casa/ xardín con motivos primaverais, posters, debuxos de flores etc.
Ademais, hai que vestirse para a ocasión. Nada de pixama, nin chándal, a roupa máis colorida, divertida e aloucada que teñades. Todo vale con tal de crear unha mix de cores ben chula.

Hoxe como ademais é o día artístico dedicado á plástica imos facer algún accesorio para lucir ben bonitiñ@s. Ademais de pintarnos a cara con flores, mariposas, beizos coloridos Imos facer un colar e diadema floreados. Se tedes campo accesible incluso o podedes facer de margaridas de verdade! Se non hai ideas moi chulas para facelo con pasta /palliñas e anacos de papel Gústavos?? Calquera outra idea que se vos ocurra é benvida!!


   


En calquer festa, e máis en Galicia, ademais que non falta nunca??  Comida!!! Pero cuidadiño imos facer snacks ben saudables, que isto da cuarentena é moi tentador.

Algunha suxerencia de snack para a festa primaveral:

- Flores saudables





   
- Brocheta de froita


- Debuxos frutales. Esta idea ou calquer outra!





Con algunha froita que teñades pola casa, iogures, leite, cereais imos preparar un rico batido para facer un brindis virtual entre tod@s.

E por suposto, para amenizarnos o día, MÚSICA  para cantar, divertinos e bailar coma tolos!!



Imos aló?? LET’S GO PARTY!!!! FESTA RACHADA J