04/06/18

FESTA VOZ NATURA 2018



O pasado sábado 2 de xuño nen@s, familias e mestras collimos rumbo a Culleredo para disfrutar da xornada de Festa de fin de curso de VOZ NATURA (programa co que colaboramos todo o curso). 

Era a primeira vez que asistiamos e a verdade e que nos sorprendeu gratamente todo o que alí tiñan montado. Un amplo parque con instalacións deportivas e unha morea de actividades e exhibicións para gozar e aprender xunto con rapazada de moitos outros colexios de Galicia: xymcanas, colchonetas, talleres e obradoiros, exhibicións dos corpos de emerxencias, exército, garda civil, facultativos sanitarios.... e sobre todo, xa que é unha festa " Natura", actividades que fomentan a reciclaxe e o coidado do MEDIO NATURAL.

Grazas á Voz de Galicia por organizar unha festa así ;) 


Aquí vos amosamos o ben que o pasamos, aínda que acabaramos esgotados!






DÍA DAS FAMILIAS 2018



Aquí unha mostra dos detalles que o noso alumnado elaborou o pasado Maio para agasallar no DÍA DA FAMILIA! :) 




Un mantel para almorzar con temática moi cinemátografica! Porque sodes UNHAS FAMILIAS DE CINE! 

VISITA Á GRANXA ESCOLA DE PEDROMURIAS



Venres de xornada ecolóxica na Granxa Escola Cfea Pedro Murias
Fixemos pan, semilleiros, prantamos na horta... aprendimos sobre as especies de vexetais e legumes autóctonas, visitamos a finca e o seu gando ecolóxico... 
Volvimos cheos de aprendizaxes para poñer en pràctica no cole. 
Grazas pola visita, o bo trato e a rica merendola coa que nos agasallachedes!









COIDEMOS OS NOSOS MONTES


O pasado xoves gozamos no colexio dunha xornada estupenda impartida polos axentes e bombeiros forestais do Distristo 6º da Mariña Lucense. 

Na xornada aprendimos sobre os nosos montes máis próximos, as especies vexetais e animais que neles nos podemos atopar, e sobre todo trataron de concienciarnos sobre a importancia de telos ben coidados, e de actuar de maneira beneficiosa para o medio ambiente, sen causar estragos na natureza, nin prender lume a este tesouro tan preciado. 
Ademais, a brigada ensinounos como efectúan o seu traballo, os seus instrumentos para apagar os lumes e puidemos comprobar en 1ª persoa en qué consiste a súa profesión. 






Foi unha xornada moi enriquecedora, aos nenos e nenas de Trabada encantounos! GRAZAS A TODA A BRIGADA! :)