09/01/18

XA ESTAMOS DE VOLTA!


Atrás quedan días de enchedoiras, de agasallos, relax e de disfrutar coa familia. Chegou o momento de volver ao cole cargados de forzas para enfrentarnos a un novo trimestre. 

Agardamos que todos pasarades unhas boas festas e que os nosos amigos Papá Noel e os Reis Magos se acordaran de pasar por Trabada a deixar algún agasallo. 

Polo cole, mentras nós estabamos a pasar un bo rato no Cine de Ribadeo entreténdonos con Wonder e Coco, Papá Noel deixouse caer por aquí, e, aínda que non o vimos, deixounos recado a través dunha fermosa carta. Ademais, os máis pequenos foron moi afortunados, pois tiveron a sorte de falar por teléfono con el!!!! Agardamos que lles contaran cousas boas de tod@s nós. 

O cine encantounos, e a verdade, e que é unha actividade chulísima para repetir todos xuntos. Santa Claus debe estar ben contentiño con como se portaron os nen@s de Trabada neste día. 



Emocionand@s lendo a carta que chegou dende o Polo Norte

Contarvos que os últimos días antes das vacacións tamén tivemos unha visita no cole. Dentro do fomento da Educación Emocional, Guillermo Amor, volveu a darnos aos máis maiores outra das súas charlas-taller. 
Esta vez , co Nadal tan próximo, a temática non podía ser outra que a ILUSIÓN  e os SOÑOS.  Intentou enchernos de ideas, e sobre todo convencernos de que VIVAMOS OS NOSOS SOÑOS sempre coa ilusión dos nen@s. CRER É CREAR, SE CREMOS NALGO, LOITEMOS POR CREALO. 





Compartindo Ilusión

Gracias unha vez máis pola túa visita! Sempre é un pracer.