29/04/20

XOVES CON SABOR A VENRES....


Bo día chic@s!!! Que tal ides? Sabedes? Hoxe é como se estiveramos a venres! 

Que rápido pasou esta semana, pois mañá non teríamos cole, xa que é o Día do Traballo!  Viñanos por diante unha ponte, así que esta vez teremos unha ponte bastante máis caseira pero non por iso menos especial

Estos días están a ser días de moito movemento! Antonte o Día da educación física na Casa e onte sabedes que día foi?

O DÍA DA DANZA! Que fermoso é danzar! J  Que significa DANZA para vós?





Imos comezar o día, como non podía ser doutra maneira, DANZANDO!  Pero antes un pouco de adestramento

Imos quentar con este xogo tan divertido: https://youtu.be/RFIrNBUJwQo

E agora o RETO temos que grabarnos un pequeño vídeo sentindo e bailando, con movementos de danza, como grandes bailaríns, a canción que os nen@s bailaban no vídeo de Unicef:
THIS IS ME (a canción para o baile), é preciosa xa veredes, búscadea tamén con subtítulos https://www.youtube.com/watch?v=uhzi7Shi2H0

A Continuación imos ver o seguinte vídeo, unha nena que cumpliu o seu soño de ser bailarina malia as circunstancias: Tamara 

Unha recomendación dunha peli fermosísima para estos días que temos moito tempiño en familia: Billy Elliot.

Por último achegámosvos o xornal O papagaio que sempre temos na bibio do cole, para que adiquedes uns anaquiños da ponte á lectura!: Xornal Papagaio Abril ( premer e direcionanos ao xornal)

E unha investigación artística para o que lle apeteza : 





Sede felices e pasádeo moiben estos días!

TRABALLO EDUCACIÓN FÍSICA E LINGUA !


1º PRIMARIA: 29.4.2020
2º PRIMARIA: 29.4.2020
3º PRIMARIA: 29.4.2020
4º PRIMARIA: 29.4.2020
5º PRIMARIA: 29.4.2020
6º PRIMARIA: 29.4.2020



ÁNIMO E GRACIÑAS! :)