16/03/20

DÍA 2. 17.3.2020 AVANZAMOS UN POUQUIÑO NESTOS DÍAS DE CONFINAMENTO.



Bos días pequen@s e familias! Como ides? Estrañánse moito as vosas risas , voces e agarimos. Esperamos que lles esteades a facer os días moi entretidos ás vosas familias e aprender un montón xunt@s. Todos temos un montón de cousas no noso interior para ensinar! J

Aquí un resumo de ideas para o día de hoxe:


  •       Non esquezas facer  ao longo destes días o Arco da Vella challenge #todoiráben
  •      Crea unha caixa de ideas (cando se nos ocurra algo chulo para facer escribimolo nun papeliño e así ao final da semana temos un banco de recursos cheos de ideas molonas para compartir en familia e non aburrirse)
  •      Escribe algo diariamente para o frasco da felicidade que temos no cole. Todos os días teñen algo bo!
  •       Aprende a letra da canción Resistiré.
  •      VÍDEO PARA HOXE:  A cloudy lesson: Qué bonito empezar así o día! Dándonos conta de canto podemos ensinar @s nen@s    https://www.youtube.com/watch?v=Da1jeVEcpg0
  •       Think out of the box, PENSEMOS FÓRA DA CAIXA ( complete o debuxo): NON É UN DONUT ;) 
LET'S GO! 


DÍA 1. TRABALLIÑO.





Hoxe vamos con algo de retraso, dar entendido isto e algún problemiña técnico deunos problemas, pero temos tempo e tempo para facer todo o que vos achegamos. Esperamos a vosa comprensión, aquí vos mandamos o enlace  a un documento ao traballo de cada curso. Xa sabees se algún atopa problemas para abrilo etc por favor poñédevos en contacto mediante o teléfono. Ánimo! :) 

6º primaria: Traballo 16.03.2020
5º primaria : Traballo 16.03.2020
4º primaria: Traballo 16.03.2020
3º primaria: Traballo 16.03.2020
2º primaria: Traballo 16.03.2020
1º primaria: Traballo 16.03.2020

COMEZAMOS! CLASES A DISTANCIA ( DÍAS NA CASIÑA COVID-19)


Bos días amiguiñ@s!

Como levades estes días de encerro na casiña? Agardamos que todo o mellor posible, aproveitemos para mellorar moito como persoas e pensemos en que todo pasa, todo irá ben, e prontiño volveremos á normalidade, xunt@s, con responsabilidade e sen medo poderemos co virus!
Para comezar a xornada, e para empezar con esta etapa tan peculiar de cole a distancia vexamos dous vídeos:

Un conto sobre o Coronavirus (https://www.youtube.com/watch?v=lHyj3lx69zg), que nos aclare un pouco toda esta situación na que estamos metidos e outro que se está a facer viral e demostra o noso lado máis humano, os xestos bonitos que están a saír da xente, da veciñanza nestes días difíciles (Vecinos en cuarentena tocan Titanic desde los balcones ( Barcelona))

Ademais, para poñer os nosos cerebriños a funcionar, realizaremos unha actividade de pensamento diverxente, un Think out of the box (Pensa fóra da caixa) á que os maiores xa están afeitos. Debemos sacar o noso lado máis creativo e orixinal. Propoñémosvos un debuxo que parece ser algo moi común, pero o noso obxectivo é transformalo/ debuxar algo diferente partindo desa forma dada.


Ademais podemos amenizar o día coa canción Resistiré, e cantar a todo pulmón coas nosas familias, e facer algunha das moitas propostas indicadas a través das redes sociais J


A continuación, pouco a pouco iremos indicándovos algunha tarefa para cada materia.