Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
24/02/16
DÍA ROSALÍA DE CASTRO
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando imaxino que es ida,
no mesmo sol te me mostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choras, es que ti choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que semp`re me asombras.
(Rosalía de Castro)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)