24/03/20

UN DÍA MENOS CAMPEÓNS! 25.3.2020


Bos días chic@s que tal? Como comezades o día? Xa estamos a metade de semana!!   

Hoxe imos comezar o día tod@s cun pouquiño de Ioga, que nos vén moi ben para calmarnos e para estirar os corpiños que están máis parados do normal esta tempada J  Para comprobar que tod@s cumplichedes tedes que enviarnos  unha fotiña nunha posición ben chula e difícil!

Ioga para nen@s, animais mariños: https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&t=4s

A continuación escoitamos unha das nosas cancións motivamente  para  ter boa enerxía o resto do día, a de onte, que seguro que aínda non a aprendichedes nin un pouquiño. Don’t stop me now! A mover o esqueleto!  https://www.youtube.com/watch?v=HgzGwKwLmgM


Hoxe, ademais propoñémosvos unha actividade emocional.  Sabemos que estos días nos están a servir para darnos conta daquilo máis importante, do Amor polos demais, do compartir momentos e sorrisos  Veremos e escoitaremos a canción Eu teño alguén no meu corazón e faremos unha pancarta ben bonita (deseño libre,) cun corazón ben grande no que escribamos o nome e debuxemos a aquelas persoas e tamén cousas que temos no noso CORAZÓN e que desexamos abrazar estos días. https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=136s


Por último, a actividade artísitica de boa mañá será  debuxar a cara de dous animais diferentes  partindo da forma dun triángulo. Sede orixinais e facédeo ben completiño.

Feliz Día!!!! :D

TRABALLIÑO 24.03.2020. English day e Ciencias Sociais

Bo día outra vez chic@s! Aquí vos deixo o traballo para o día de hoxe. Recordade que hoxe toca Ciencias Sociais e Inglés :)

1º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
2º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
3º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
4º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
5º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020
6º PRIMARIA: Traballo 24.03.2020