Bos días chic@s que tal? Como
comezades o día? Xa estamos a metade de semana!!
Hoxe imos comezar o día tod@s cun
pouquiño de Ioga, que nos vén moi ben para calmarnos e para estirar os corpiños
que están máis parados do normal esta tempada J Para comprobar que tod@s cumplichedes tedes
que enviarnos unha fotiña nunha posición
ben chula e difícil!
A continuación escoitamos unha das
nosas cancións motivamente para ter boa enerxía o resto do día, a de onte, que
seguro que aínda non a aprendichedes nin un pouquiño. Don’t stop me now! A
mover o esqueleto! https://www.youtube.com/watch?v=HgzGwKwLmgM
Hoxe, ademais propoñémosvos unha actividade emocional. Sabemos que estos días nos están a servir
para darnos conta daquilo máis importante, do Amor polos demais, do compartir
momentos e sorrisos… Veremos e escoitaremos a canción Eu teño
alguén no meu corazón e faremos unha pancarta ben bonita (deseño libre,) cun
corazón ben grande no que escribamos o nome e debuxemos a aquelas persoas e
tamén cousas que temos no noso CORAZÓN e que desexamos abrazar estos días. https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=136s
Por último, a actividade artísitica
de boa mañá será debuxar a cara de dous
animais diferentes partindo da forma dun
triángulo. Sede orixinais e facédeo ben completiño.
Feliz Día!!!! :D