14/06/20

Última semana do curso!!


Bo día peques! Que tal estades??? Xa estades activando o modo verán e modo vacacións? Adentrámonos na última semana deste curso tan atípico e especial, e polo tanto, propoñémosvos unha semana un pouco especial tamén. Será unha semana de retos: retos variados e que desenvolven diferentes destrezas, pero retos diferentes e divertidos.

Imos aló!!! :) Levades todo o confinamento demostrándonos grandes doses de participación e creatividade, así que sabemos que agora non será menos! :)


Serán retos encamiñados xa ao final do curso académico e as vacacións de verán que se aproximan!


Comezamos a semana de maneira moi positiva!




A continuación, adxuntamos un documento que aclara o que hai que facer e en que consiste cada reto! A darlle o coco e moi feliz semana!!! :)

RETOS FIN DE CURSO: prema aquí para a explicación.