24/03/17

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe celebramos o Día da árbore dentro da VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da Deputación de Lugo adicada este ano aos ameneiros.
Os rapaces realizaron varias actividades tomando como punto de partida os libros editados pola Deputación: Eva, o trasno e o ameneiro e Salven os ameneiros!

Ademais os rapaces de Ed. Infantil plantaron un Pé de ameneiro acompañados pola nosa alcaldesa.




















DÍA DA AUGA

O mércores 22 de marzo celebramos o día da auga cos nosos amigos do "Sabor da Aventura está no mar". Ensinaronnos novos conceptos relacionados co mundo do mar a través de videos e xogos.













Para rematar a xornada regaláronlles contos, gorras e firmaron unha carta de compromiso para comer máis peixe e produtos do mar.






PLANTANDO NO HORTO

 O 9 de marzo, os rapaces disfrutaron dunha xornada no horto. Durante o inverno os nosos cultivos apenas medraron así que preparamos os caixóns para plantar novos cultivos.Plantamos pementos, leitugas......plantas aromáticas e medicinais......framboesas e amorodos.


Limpamos os caixóns de malas herbas:







Plantamos:
















Puxemos veneno ecolóxico:








Por último cubrimos con palla:























Observamos como medran os amorodos e as framboesas doutros anos.



Revisamos o noso composteiro que se atopa en proceso de descomposición.



ENTROIDO NO COLEXIO

O día 24 de febreiro celebramos o entroido no colexio. Os rapaces xunto coas titoras elaboraron os seus disfraces.

                                                                                        





















Carmela a cociñeira e Kiko o Conserxe prepararon a comida e o pavillón para a xornada e as familias prepararon os postres.



Gracias a todos pola vosa colaboración e por acompañarnos nesta xornada festiva.

O meco