Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
05/05/20
TRABALLO 6 MAIO 2020. LINGUA GALEGA E ED. FÍSICA!
A darlle a lingua e mover o esqueleto! Toca falar Galego e activar o noso corpo!
1º primaria: 6.5.2020
2º primaria: 6.5.2020
3º primaria: 6.5.2020
4º primaria: 6.5.2020
5º primaria: 6.5.2020
6º primaria:6.5.2020
Graciñas! Mil bicos! Bo día peques!
MÉRCORES 6 DE MAIO! METADE DE SEMANA!
Ola ola
caracolas!
Comeza unha mañá máis de cole a distancia! Que tal ides?? J
Dan a vida esos paseíños eh!!! Grazas de verdade
por compartir tanta cousas con nós, dos vosos momentos e por alegrar uns a
outros o día! Que bonitas fotos e vídeos!!!!! Dá gusto vervos.
Hoxe a
nosa canción para comezar ten a súa versión castelá e inglesa. E recordanos o
valor da Amizade , algo moi importante recordar, especialmente agora na
distancia. Para aprender a darlle valor sempre e apreciar todos eses momentos
que compartimos cos nosos amig@s.
Hay un
amigo en mí: https://www.youtube.com/watch?v=dlSuIcCqpis; https://www.youtube.com/watch?v=zIYOJ_hSs0o
A
continuación veremos este fermoso vídeo sobre o valor da amizade: Monsterbox: https://www.youtube.com/watch?v=OczEHXRU9WU&t=42s
E faremos
estas rutinas emocionais:
POR QUE SON UN BO AMIG@?
Que
características valoro na amizade, nun AMIG@?
Tamén
podemos escribir mensaxes que nos gustaría adicarlle aos nos@s amig@s estos días,
e gardalos nun boteciño (bote da felicidade) para darlles cando esto remate.
Para
rematar… unhas
pinceladas artísticas. Aqueles que teñan témperas farano con elas, os que non,
pódeno facer marcando a silueta cun rotulador… pois toca facer creación artísticas cos PÉS.
Imaxinade
o que vos apeteza, a base terá que ser a silueta da nosa planta do pé , pero
sodes libres de facer o que máis vos apeteza. Aquí só algunas suxerencias para
que visualicedes J
E
Sabedes??? Onte foi o día mundial da RISA! Que
fermoso é compartir risas e sorrisos a gargalladas!! Animádesvos a facernos
chegar a vosa mellor das RISAS en forma
de foto? J Será moi contaxiante, xa
veredes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)