14/05/19

CHARLA SEPRONA

Charla con persoal de Seprona. Polo coidado dos nosos montes e da multitude de especies naturais que neles habitan!



PROXECTO SOLIDARIO. ENTRECANES. Adopta non merques!

Proxecto solidario coa visita de Blues 🐶. Grazas à asociación Entrecanes de Burela, por facernos pasar este anaco tan entrañable co seu canciño, por ensinarnos tantos valores, e por permitirnos reflexionar sobre a importancia do coidado e respecto dos animais que tanto nos demostran co seu amor incondicional. Axudounos a tomar conciencia dos coidados e respectos que se merecen e da importancia das adopcións e os refuxios. Grazas a Blues e à súa acompañante humana por esta bonita xornada!








O noso compromiso co mundo animal e as mascotas!


CORRELINGUA

Correlingua 2019 en Ribadeo. O galego é a fórmula!!




XORNADA OFICIOS TRADICIONAIS

Xornada de Oficios Tradicionais na nosa contorna! Olería, Forxa e Cestaría! Foi un día moi enriquecedor e de grande aprendizaxe! Moitas Grazas a ANPA do colexio pola organización e grazas a toda a veciñanza de Trabada que nos achegou aos oficios dos nosos antepasados de maneira tan agarimosa!!







DECORACIÓN DÍA DO LIBRO


ENTRADA

"Érase unha vez, Once upon a time, Hace mucho tiempo en un lejano reino"... Os nosos contos preferidos!







PORTA BIBLIOTECA



OBRADOIRO SETAS

Obradoiro de Cultivo de Setas con borras de café e palla húmida. Agardamos ter unha moi boa colleita polo momento xa puidemos degustar unhas pouquiñas!