O pasado venres acercámonos ata Cedeira para coñecer un pouco máis a vida mariñeira deste pobo. Grazas ao programa o Sabor da Aventura está no mar, coñecimos o funcionamento da lonxa, visitamos o porto e o Museo do mar.
Alí aprendimos a cerca das diferentes técnicas de pesca, falamos cos mariñeiros, ensináronnos o sistema da subasta de peixe, vimos como se almacenan e transportan os mariscos e outras delicias do mar.... e tivemos a oportunidade de degustar un xantar do máis mariño! Estaba boísimo, e nin nos percatamos de que estabamos a comer tanto peixe.
O día foi moi bo, a zona de Cedeira é preciosa, e malia o frío, pasamos unha boa, aínda que curta, xornada mariña! Agora toca seguir aprendendo sobre os Arroases , os sabores do mar e sobre todo, seguir aumentando o seu consumo na nosa dieta.
Grazas aos colaboradores do Programa por este día! Esperámosvos no cole.