Bos días chic@s!!!!!! Que tal estades??? Hoxe por aquí luce o sol!
Por aí por Trabada tamén? Está un día precioso, e estamos seguras de que ideas
aguantando moi ben este encerro que nos toca vivir estos días. Estades a aproveitar moito o tempiño coa
familia?
Hoxe para comezar o día con moi boa enerxía propoñémosvos escoitar
unha canción: TU sonrisa: https://www.youtube.com/watch?v=JFyEx-DGvfk ( escoitadea todas as
veces que queirades, saltade, berrade, bailade… J ) e
contestade esta reflexión.
QUÉ SIGNIFICA UN SORRISO PARA TI? DE QUE MANEIRA INFLÚE EN TI E NO
TEU AMBIENTE?
Despois
coma sempre, podedes ver un vídeo con ensinanza: Hoxe xa que a cousiña vai para uns días
deixámosvos 3 J
Un Think out of the box para poñer as
nosas cabeciñas a funcionar…..
Non é unha estrela!
E hoxe
por que non? Propoñémosvos uns cantos RETOS para estos días que serían “sen
clase” ;) Anímadesvos a facelos?
Sería xenial que enviarades fotiños deles!
-
Construír algún tipo de
forte/fortificación na casiña, como se tiveramos que crear unha guarida ou
lugar de protección. Poñede imaxinación e a traballar! ( cartóns, coxíns,
mantas, paus… todo vale!! J )
-
Facer unha lista da compra moi
orixinal para estos días de confinamento na casiña ( a VOSA lista da compra eh?
Non aquilo que os papás/mamás recomenden comprar; aquilo que a VÓS máis vos apeteza
ter na casa estos días)
-
Mandar un vídeo ao teléfono do
cole realizando algunha coreografía ( das que enviou Paula ou outra que vos
apeteza a vós) así xa que non nos podemos ver cara a cara, anímamonos o día uns
a outros.
-
Facer unha manualidade
decorando pedras. Sei que non todos tedes xardín ou horta , pero vexamos se
podemos conseguir unhas pedriñas para pintar e decorar ao noso xeito.
-
E , por último, facer algún
tipo de móvil ou artefacto colgante con material de refugallo que poidamos
colgar nunha ventá ou no balcón, e que ademais de decorar ben fermoso leve
algún mensaxe de ánimo que nos chegue a tod@s.
Que
vos parece? COMEZAMOS?? Con forza!!! Let’s go campeóns!
Tamén
podemos escoitar a canción que os maiores do cole nos ensinaron, e a verdade é
preciosa, sobre a Amizade e o amor polos animais, HAPPIER, para motivarnos!
Mirade que bonitas as imaxes!
Grazas
por ensinarnola, compartir é de sabios!