18/03/20

DÍA 3. 18 MARZO 2020. COMEZAMOS CON ÁNIMO!


Bos días chic@s!!!!!! Que tal estades??? Hoxe por aquí luce o sol! Por aí por Trabada tamén? Está un día precioso, e estamos seguras de que ideas aguantando moi ben este encerro que nos toca vivir estos días.  Estades a aproveitar moito o tempiño coa familia?

Hoxe para comezar o día con moi boa enerxía propoñémosvos escoitar unha canción: TU sonrisa: https://www.youtube.com/watch?v=JFyEx-DGvfk  ( escoitadea todas as veces que queirades, saltade, berrade, bailade J ) e contestade esta reflexión.


QUÉ SIGNIFICA UN SORRISO PARA TI? DE QUE MANEIRA INFLÚE EN TI E NO TEU AMBIENTE?

Despois coma sempre, podedes ver un vídeo con ensinanza:  Hoxe xa que a cousiña vai para uns días deixámosvos 3 J

Dust buddies: https://www.youtube.com/watch?v=xSCjrLK5M04 (amizade, empatía)
La cadena de la empatía: https://www.youtube.com/watch?v=Kv3LxHBSN3Y (empatía, boas acción)

Un Think out of the box para poñer as nosas cabeciñas a funcionar..
Non é unha estrela! 



E hoxe por que non? Propoñémosvos uns cantos RETOS para estos días que serían “sen clase” ;) Anímadesvos a facelos? 
Sería xenial que enviarades fotiños deles! 


-      Construír algún tipo de forte/fortificación na casiña, como se tiveramos que crear unha guarida ou lugar de protección. Poñede imaxinación e a traballar! ( cartóns, coxíns, mantas, paus todo vale!! J )



-      Facer unha lista da compra moi orixinal para estos días de confinamento na casiña ( a VOSA lista da compra eh? Non aquilo que os papás/mamás recomenden comprar; aquilo que a VÓS máis vos apeteza ter na casa estos días)


-      Mandar un vídeo ao teléfono do cole realizando algunha coreografía ( das que enviou Paula ou outra que vos apeteza a vós) así xa que non nos podemos ver cara a cara, anímamonos o día uns a outros.

-      Facer unha manualidade decorando pedras. Sei que non todos tedes xardín ou horta , pero vexamos se podemos conseguir unhas pedriñas para pintar e decorar ao noso xeito.

-      E , por último, facer algún tipo de móvil ou artefacto colgante con material de refugallo que poidamos colgar nunha ventá ou no balcón, e que ademais de decorar ben fermoso leve algún mensaxe de ánimo que nos chegue a tod@s.

Que vos parece? COMEZAMOS??  Con forza!!!  Let’s go campeóns!


Tamén podemos escoitar a canción que os maiores do cole nos ensinaron, e a verdade é preciosa, sobre a Amizade e o amor polos animais, HAPPIER, para motivarnos! Mirade que bonitas as imaxes!
Grazas por ensinarnola, compartir é de sabios!