Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
07/05/20
TRABALLIÑO VENRES 8 MAIO 2020
Para rematar a semana, ademais das actividades plásticas propostas na entrada anterior, tarefas de Ciencias Naturais para cada un dos cursos:
1º primaria: 8.5.2020
2º primaria: 8.5.2020
3º primaria: 8.5.2020
4º primaria: 8.5.2020
5º primaria: 8.5.2020
6º primaria: 8.5.2020
Ánimo, Bo finde peques! Graciñas.
Xa é Venres!!! :)
Bos días amiguiñ@s! Hoxe xa é
venres, se ao final pasan as semanas voando! Pronto teremos máis liberdade para
reencontrarnos cos que máis queremos, que ben!!
Maio estanos a regalar comezos
fermosos… Estamos
xa de cheo no mes das flores, e en Galicia, na nosa terra, sabedes que se
festexan OS MAIOS. Pois ben, xa que hoxe
é venres, e toca Plástica, o día ven cargado de propostas creativas.
Primeiro, un pouquiño de música
variada para comezar a xornada.
Todas las flores: https://www.youtube.com/watch?v=dfA4FhDYifI
Somewhere over the rainbow, versión
merengue, para contaxiarnos de boa enerxía: https://www.youtube.com/watch?v=wwsbNhqAwFg
Ai vén o maio, unha canción
tradicional: https://www.youtube.com/watch?v=AxSq_lRPt9M
O reto para hoxe, e que xa nos
vale para a clase de PLÁSTICA, será facer UN MAIO en versión mini e un colar de
flores silvestres ou, no seu defecto, de pasta.
Se tedes a opción de facelo grande
e vos apetece xenial, senón sobre a estructura dun cono en cartulina ou cartón
será suficiente J
Como rutina emocional do día
encheremos as nosas flores da Autoestima.
O que me gusta de min (encher os
pétalos ou se queremos engadir aínda máis)
O que debo mellorar
Que sexades moi felices e teñades un fin de semana estupendo! Apertas fortes xxx
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)