18/05/20

MARTES DE SOL!


Comezamos o martes cunha canción en English… é unha canción creada durante o confinamento tamén, neste caso na voz dunha cantante americana.
Trata sobre o agradecemento dos diferentes oficios que nestas épocas difíciles estiveron ao pé do cañón, dándoo todo, e para apreciar que todos somos pezas necesarias e facemos un GOOD JOB! J

En relación a isto, hoxe veremos unha curta sobre a importancia de loitar por aquilo que queremos ser na vida, da importancia do esforzo diario para lograr o éxito J
·         Scarlett:https://www.youtube.com/watch?v=vfJPAidI0u4
·         valor da perseverancia: https://www.youtube.com/watch?v=GEBVNY7BewM
·         En busca de la felicidad: https://www.youtube.com/watch?v=JwZtC9q5biM
Todos temos soños e ilusións, que son gran parte do noso motor, e é importante darlles forma e facelos máis reais para que non se queden en desexos. Debemos coñecernos a nós mesmos, superando as pedriñas que nos encontremos no camino.  


O reto de hoxe será facer a nosa CAIXIÑA DOS SOÑOS E AS ILUSIÓNS.  Decoraremos unha caixa de zapatos  (por exemplo) ou outra máis pequeniña que atopedes, e faremos unha caixiña moi especial e moi fermosa,única, como cada un de nós  ( podemos forrala, pegarlle cousiñas pintala, escribir… o que queirades)


SOÑO CON
POR QUE?
COMO PODO CONSEGUILO?
COMO PODO REPRESENTALO?
COMO ME SENTIREI?
CANDO CREO QUE O CONSIGUEREI?













































































E a continuación dentro dela, cada vez que metamos un SOÑO, cubriremos esta fichiña para darlle forma e así cobre sentido e poidamos loitar con todas as nosas forzas por el J


P.D: Como vai o emocionario do mes de maio e os mensaxiños dos frascos da felicidade??  Temolos presentes ou abandonamolos? Hehe
Un abrazo xigante pequen@s! Esperamos que vos guste esta dinámica!

TRABALLO MATES E MÚSICA!! :)


Comezamos esta semaniña co traballo para este luns... :)

1º primaria:18 maio 2020
2º primaria:18 maio 2020
3º primaria:18 maio 2020
4º primaria:18 maio 2020
5º primaria:18 maio 2020
6º primaria:18 maio 2020

Moito ánimo pequen@s! :) Feliz día!


LUNS 18 DE MAIO!

Bo día peques!!!!! Comezamos nova semana e con bo tempo! Que gustazo! Maio comeza a deixarse ver en todo o seu esplendor.

Esta fin de semana tivemos uns días plagados de celebracións. Onte conmemoramos o día das nosas letras, agradecendo ter lingua propia, e o pasado día 15 foi o día da FAMILIA. E non hai mellor época que esta para celebrar e  ver o afortunad@s que fomos de pasar tanto tempo en familia!

Comezamos o día cunha canción  de Funambulista: https://www.youtube.com/watch?v=eUpAxHqvEzI


Diversidad familiar: los diferentes tipos de familia actuales ...

Vemos o seguinte conto, que é moi fermoso!


Lembradesvos da película de Coco? Que nos encantara e reafirma unha vez máis a importancia da nosa familia!

Como vedes, no corto está a facer unha árbore familiar indo atrás no tempo. Que vos parece investigar sobre a vosa e facer unha árbore xenealóxica ben chula??  Se vos apetece podedes completalo con fotos de memorias familiares.

Igualmente, se vos apetece podedes facer un ramo de flores ben cuqui con palmas das vosas mans ( dos diferentes membros da familia).

Bonito ramo de flores | Manualidades, Manualidades infantiles ...

FELIZ DÍA FAMILIAS!!!! :)
Vinilo la receta de mi familia (con imágenes) | Frases para cocina ...