LUNS 18 DE MAIO!
Bo día peques!!!!! Comezamos nova semana e con bo tempo! Que
gustazo! Maio comeza a deixarse ver en todo o seu esplendor.
Esta fin de semana tivemos uns días plagados de celebracións. Onte
conmemoramos o día das nosas letras, agradecendo ter lingua propia, e o pasado
día 15 foi o día da FAMILIA. E non hai mellor época que esta para celebrar
e ver o afortunad@s que fomos de pasar
tanto tempo en familia!
Comezamos o día cunha canción
de Funambulista: https://www.youtube.com/watch?v=eUpAxHqvEzI
Vemos o seguinte conto, que é moi fermoso!
Lembradesvos da película de Coco? Que nos encantara e reafirma
unha vez máis a importancia da nosa familia!
Como vedes, no corto está a facer unha árbore familiar indo
atrás no tempo. Que vos parece investigar sobre a vosa e facer unha árbore
xenealóxica ben chula?? Se vos
apetece podedes completalo con fotos de memorias familiares.
Igualmente, se vos apetece podedes facer un ramo de flores ben cuqui
con palmas das vosas mans ( dos diferentes membros da familia).
FELIZ DÍA FAMILIAS!!!! :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario