20/03/18

O AGASALLO DE ANYA. VISITA DE SABELA NUÑEZ SINGALA



E a visita da escritora que agardabamos con gañas ... CHEGOU! :) 

Ao londo do segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º estivo a ler o libro O Agasllo de Anya.

Non vos imos a desvelar o seu argumento pero tan só contarvos que paga a pena. Está cheo de valores, solidaridade e nos fai reflexionar a cerca da realidade ben distinta que viven algúns nen@s noutros países, ou incluso na nosa contorna.

Grazas a esta bonita historia e á visita da Escritora ao colexio a semana pasada, coñecimos un pouco máis de Ucraína e das aventuras solidarias que se levan e levaron a cabo cos fogares de acollida deste país no que abundan.


                                   

A charla con Sabela Nuñez Singala ( a autora do libro) foi estupenda! Visitounos Xiana, unha das "nenas" do conto, e coa súa maleta e a historia do seu soño, mergullámonos de cheo na aventura e nese país tan descoñecido para nós.




Encantounos ter a oportunidade de coñecer de preto a orixe do libro e as circunstancias que o rodean. Foi un rato marabilloso!!

Moitas gracias a Sabela pola súa amable visita! Fíxonos moita ilusión! E os nen@s de 5º e 6º seguímoste animando a que escribas máis contos bonitos que nos entreteñan tanto coma este. Un pracer coñecerte e aprender contigo.

Ata outra! ;)










SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR



A semana pasada recibimos a visita do Sabor da Aventura está  no mar e participamos nun dos seus obradoiros

Como xa coñecíamos o mundo mariño grazas á visita ao Porto de Cedeira, esta vez reforzamos coñecementos a cerca das técnicas de pesca e a conservación e preparación de peixes e mariscos e seguimos disfrutando dos Arroases e os seus superpoderes! 

Así mesmo, os máis pequen@s puideron reflexionar a cerca da contaminación mariña e a reciclaxe. 

Grazas pola xornada mariña! ;) 















DÍA DO CONSUMIDOR



O 15 de marzo conmemórase o DÍA DO CONSUMO, e no cole celebrámolo cunha visita ao Centro de Formación para o Consumo e cunha degustación de Comidas do mundo. 

En Vegadeo no Centro de Consumo, realizaron un taller sobre os recursos que podemos atopar nos nosos bosques, e a continuación un pequeno obradoiro de cociña con compra no supermecado e degustación incluídas. 




No colexio, coa viaxe culinaria puideron probar pratos de México, China, Italia e Francia. Algún tivo máis éxito que outro pero creemos que foi unha boa experiencia! :) 









EASTER EGGS!

A Pascua está próxima a chegar e con ela as vacacións!! 

🐣A nosa exposición de "Easter Eggs" xa está lista con todas as vosas obras de arte e está a quedar ben bonitiña!🐣
Moitas gracias a tod@s por participar nesta nova proposta! 






SEMANA DA PRENSA II




PERIOARTISTAS

Unha mostra das creacións plásticas realizadas durante a Semana da Prensa
Vaia collages e debuxos tan lindos fixeron con anacos de xornais! Reciclando na Arte!! 


 🎨