20/03/18

O AGASALLO DE ANYA. VISITA DE SABELA NUÑEZ SINGALA



E a visita da escritora que agardabamos con gañas ... CHEGOU! :) 

Ao londo do segundo trimestre o alumnado de 5º e 6º estivo a ler o libro O Agasllo de Anya.

Non vos imos a desvelar o seu argumento pero tan só contarvos que paga a pena. Está cheo de valores, solidaridade e nos fai reflexionar a cerca da realidade ben distinta que viven algúns nen@s noutros países, ou incluso na nosa contorna.

Grazas a esta bonita historia e á visita da Escritora ao colexio a semana pasada, coñecimos un pouco máis de Ucraína e das aventuras solidarias que se levan e levaron a cabo cos fogares de acollida deste país no que abundan.


                                   

A charla con Sabela Nuñez Singala ( a autora do libro) foi estupenda! Visitounos Xiana, unha das "nenas" do conto, e coa súa maleta e a historia do seu soño, mergullámonos de cheo na aventura e nese país tan descoñecido para nós.




Encantounos ter a oportunidade de coñecer de preto a orixe do libro e as circunstancias que o rodean. Foi un rato marabilloso!!

Moitas gracias a Sabela pola súa amable visita! Fíxonos moita ilusión! E os nen@s de 5º e 6º seguímoste animando a que escribas máis contos bonitos que nos entreteñan tanto coma este. Un pracer coñecerte e aprender contigo.

Ata outra! ;)