A semana pasada conmemorábase a Semana Escolar da Auga e da Árbore e foron varias as actividades que realizaron todos os pequen@s do Currás!
Con motivo do día da Auga, onte calzamos os tennis e a vestimenta deportiva para correr a carreira solidaria Gotas para Níxer xunto coas familias. 💦💧💦💧
Co diñeiro recaudado Unicef conseguirá auga potable ao país africano!
Moitas gracias a tod@s pola vosa participación animada e aportar entre tod@s tantas pinguiñas de axuda .
Tamén vos amosamos unha mostra dos traballos que o alumnado estivo a realizar. O salgueiro é a árbore protagonista deste ano , e os contos, traballos e plantación deste curso xiran en torno a el.