20/03/18

DÍA DO CONSUMIDOR



O 15 de marzo conmemórase o DÍA DO CONSUMO, e no cole celebrámolo cunha visita ao Centro de Formación para o Consumo e cunha degustación de Comidas do mundo. 

En Vegadeo no Centro de Consumo, realizaron un taller sobre os recursos que podemos atopar nos nosos bosques, e a continuación un pequeno obradoiro de cociña con compra no supermecado e degustación incluídas. 




No colexio, coa viaxe culinaria puideron probar pratos de México, China, Italia e Francia. Algún tivo máis éxito que outro pero creemos que foi unha boa experiencia! :)