16/03/20

DÍA 2. 17.3.2020 AVANZAMOS UN POUQUIÑO NESTOS DÍAS DE CONFINAMENTO.



Bos días pequen@s e familias! Como ides? Estrañánse moito as vosas risas , voces e agarimos. Esperamos que lles esteades a facer os días moi entretidos ás vosas familias e aprender un montón xunt@s. Todos temos un montón de cousas no noso interior para ensinar! J

Aquí un resumo de ideas para o día de hoxe:


  •       Non esquezas facer  ao longo destes días o Arco da Vella challenge #todoiráben
  •      Crea unha caixa de ideas (cando se nos ocurra algo chulo para facer escribimolo nun papeliño e así ao final da semana temos un banco de recursos cheos de ideas molonas para compartir en familia e non aburrirse)
  •      Escribe algo diariamente para o frasco da felicidade que temos no cole. Todos os días teñen algo bo!
  •       Aprende a letra da canción Resistiré.
  •      VÍDEO PARA HOXE:  A cloudy lesson: Qué bonito empezar así o día! Dándonos conta de canto podemos ensinar @s nen@s    https://www.youtube.com/watch?v=Da1jeVEcpg0
  •       Think out of the box, PENSEMOS FÓRA DA CAIXA ( complete o debuxo): NON É UN DONUT ;) 
LET'S GO!