Bo día chic@s!!! Que tal ides?
Sabedes? Hoxe é como se estiveramos a venres!
Que rápido pasou esta semana,
pois mañá non teríamos cole, xa que é o Día do Traballo! Viñanos por diante unha ponte, así que esta
vez teremos unha ponte bastante máis caseira pero non por iso menos especial
Estos días están a ser días de
moito movemento! Antonte o Día da educación física na Casa… e onte sabedes que día foi?
O DÍA DA DANZA! Que fermoso é
danzar! J Que significa DANZA para vós?
Imos comezar o día, como non podía
ser doutra maneira, DANZANDO! Pero antes
un pouco de adestramento…
E agora o RETO… temos que grabarnos un
pequeño vídeo sentindo e bailando, con movementos de danza, como grandes
bailaríns, a canción que os nen@s bailaban no vídeo de Unicef:
THIS IS ME (a canción para o baile), é preciosa xa veredes,
búscadea tamén con subtítulos https://www.youtube.com/watch?v=uhzi7Shi2H0
A Continuación imos ver o seguinte
vídeo, unha nena que cumpliu o seu soño de ser bailarina malia as
circunstancias: Tamara
Unha recomendación dunha peli
fermosísima para estos días que temos moito tempiño en familia: Billy Elliot.
Por último achegámosvos o xornal O
papagaio que sempre temos na bibio do cole, para que adiquedes uns anaquiños da
ponte á lectura!: Xornal Papagaio Abril ( premer e direcionanos ao xornal)
Sede felices e pasádeo moiben
estos días!
Ningún comentario:
Publicar un comentario