Bo día peques!!
Xa estamos de
volta! Como foron as vacacións máis especiais da historia?? J
Non sabedes o que vos botamos de
menos… Isto
faise moi raro, pois hoxe comeza un terceiro trimestre moi especial! A volta ao
cole será virtual, a través das pantallas pero non por iso con menos ganas
eh!!! J Voltamos todos con moita enerxía e con ganas
de dar o máximo de nós para que este tempo na casiña sexa do mellor.
Comezamos!
Canción de hoxe, unha festeira
motivante donde as haxa, para novos comezos, para darnos conta de que todos os
días sae o sol por moito que dure a tormenta: Todos los días sale el sol (https://www.youtube.com/watch?v=2Fy8P1MVfsQ). Bailadea como tolos e
disfrutádea moito.
Reto artístico de hoxe: facer un arco da vella ( arco iris) diferente.
Xa pintamos arcoíris, e seguro que vichedes as redes plagadas e centos de versións
de arcos da vella. Pois hoxe ides ser creativos, e para esta volta ao cole,
diseñar a vosa creación de arco iris. Non vale píntalo nun folio como fixemos
ata agora, senón facer un formato diferente ( pintado con tiza fóra, facer a
forma con roupa de cores, empregar tapóns de botellas, facer un mural xigante
con huellas…. ) O que
se vos ocurra, vamos a despertar un pouco o noso cerebriño!
E hoxe un recordatorio,
esquecidechedes o frasco da felicidade? Estades a lembrarvos de escribir algo
para el todos os días? Vamos a coller un novo hábito: ao final de cada día,
escribiremos tres cousas positivas que nos pasara, e así ao final de todo isto,
darémonos conta de que non poder saír á rúa non foi tan malo e sacamos
moitísimo de bo.
E para comezar ben a xornada e non
esquecernos de coidar corpo e mente. Un pouco de Ioga!
Viravos xenial!!! Xa veredes
:) Alá imos!