06/03/18

SEMANA DA PRENSA ESCOLAR



Estamos a celebrar a  Semana da Prensa na Escola e con ela puxemos en marcha o noso pequeno Quiosco
Os nenos e nenas poden disfrutar dos xornais e revistas da nosa terra así como daqueles máis internacionais, para enterarse tamén do que pasa no resto do mundo. 

Recordemos o papel fundamental que xogan os medios de comunicación no día a día, e a importancia de ser bos críticos ante a información que recibimos, pois non todo é sempre como no lo contan. 

Os nenos e nenas tamén están a traballar un pouquiño na prensa dixital, tan importante como a de papel  ou máis hoxe en día, así como a coñecer as diferentes canles polas que nos chegan as novas ( telexornais, radios, redes sociais, xornais, artigos de revistas... ) 


Sempre é un bo momento para adicarlle un anaco do día a ler ou escoitar as novidades actuais cos vosos pequen@s. 



O QUIOSCO DO CURRÁS





ALGÚNS DOS XORNAIS DISPOÑIBLES