O pasado venres celebramos o Magosto popular no colexio, xunto cos rapaces e rapazas do CRA Ría del Eo de Abres e Piantón. Os máis pequenos gozamos dunha sesión de cestería, mentres que os maiores participamos nun obradoiro de baile tradicional galego. Ao rematar as actividades comimos e xogamos todos xunt@s. Por suposto, non faltaron as castañas! Grazas aos nos@s amig@s do cole veciño por participar nesta xornada xunto a nós!