10/04/18

VISITA Á FEIRA DA CIENCIA



A semana pasada o alumnado de 5 e 6 visitou a Feira da Ciencia do Instituto de Ribadeo. Gustoulles moito a visita ao que será o seu "futuro fogar" e atoparon a antigos compañeir@s. 

Puideron experimentar que a ciencia non é tan aburrida como semella, e que incluso algunhas cousas parecen maxia. Viron experimentos de física e química, e sobre todo, recompilacións e estudos de plantas e restos xeolóxicos do alumnado de bioloxía e ciencias naturais da ESO.