24/03/17

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe celebramos o Día da árbore dentro da VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da Deputación de Lugo adicada este ano aos ameneiros.
Os rapaces realizaron varias actividades tomando como punto de partida os libros editados pola Deputación: Eva, o trasno e o ameneiro e Salven os ameneiros!

Ademais os rapaces de Ed. Infantil plantaron un Pé de ameneiro acompañados pola nosa alcaldesa.




















DÍA DA AUGA

O mércores 22 de marzo celebramos o día da auga cos nosos amigos do "Sabor da Aventura está no mar". Ensinaronnos novos conceptos relacionados co mundo do mar a través de videos e xogos.













Para rematar a xornada regaláronlles contos, gorras e firmaron unha carta de compromiso para comer máis peixe e produtos do mar.






PLANTANDO NO HORTO

 O 9 de marzo, os rapaces disfrutaron dunha xornada no horto. Durante o inverno os nosos cultivos apenas medraron así que preparamos os caixóns para plantar novos cultivos.Plantamos pementos, leitugas......plantas aromáticas e medicinais......framboesas e amorodos.


Limpamos os caixóns de malas herbas:







Plantamos:
















Puxemos veneno ecolóxico:








Por último cubrimos con palla:























Observamos como medran os amorodos e as framboesas doutros anos.



Revisamos o noso composteiro que se atopa en proceso de descomposición.



ENTROIDO NO COLEXIO

O día 24 de febreiro celebramos o entroido no colexio. Os rapaces xunto coas titoras elaboraron os seus disfraces.

                                                                                        





















Carmela a cociñeira e Kiko o Conserxe prepararon a comida e o pavillón para a xornada e as familias prepararon os postres.



Gracias a todos pola vosa colaboración e por acompañarnos nesta xornada festiva.

O meco



23/03/17

CHEGOU O MECO

Recibimos ao noso amigo o meco que nos anuncia a chegada do entroido.


Deixámosvos un pequeno resumen desta actividade.

https://youtu.be/jfdY_0l6_f4



ROSALÍATE!

O venres 17 de febreiro celebramos o día de Rosalía no noso centro. Durante a semana, os rapaces traballaron a obra de Rosalía de Castro, recitaron poemas e realizaron un mural.





Tamén elaboraron unha carauta de Rosalía.




NOVO MOBILIARIO PARA A BIBLIOTECA

O 13 de febreiro a Asesoría de Bibliotecas enviounos novo mobiliario para o recuncho de lectura da nosa biblioteca.





DEGUSTAMOS NOVOS ALIMENTOS


No mes de febreiro probamos un novo alimento: o brecol.




ENTREGA DE PREMIOS DA BIBLIOTECA NO COLEXIO

O día 30 de xaneiro recibimos a visita da alcaldesa, acompañada de dúas concelleiras, para facer entrega dos premios de poesía do Nadal.


DÍA DA PAZ


O 30 de xaneiro, os rapaces traballaron  o tema da Paz con distintas actividades plásticas.








DEGUSTACIÓN DE TIPOS DE PANES

No mes de xaneiro, no comedor, os rapaces participaron  nunha degustación de tipos de panes: de sementes, de froitos secos...




CALENDARIO DE POSTRES TRADICIONAIS




Este ano, durante o primeiro trimestre, o noso Centro participou co Colectivo Estiño na elaboración dun calendario. Dito colectivo adícase dende hai 38 anos a elaborar calendarios coa colaboración de colexios da provincia de Lugo.
A recaudación da venda dos mesmos está destinada a acadar fondos para realizar accións sociais en Nicaragua.
Dende o colexio, como colaborador na elaboración, poñemos á venda os calendarios a 1,50€.






AGASALLOS DE NADAL

En Nadal, os rapaces elaboraron agasallos para as súas familias.