03/04/17

INNOVANDO NO COMEDOR

Este mes, no comedor,  os rapaces probaron novos pratos: lasaña, melón con xamón, arroz caldoso. Tiveron moi boa acollida.
Aí deixámosvos unhas fotos.





O DÍA DO AUTISMO

Onte,  o domingo día 2 de abril, celebrouse o día mundial da concienciación sobre o autismo.
Con tal motivo, e co fin de sensibilizar ó alumnado do CEIP. Celso Currás de Trabada ante as características do autismo, preparamos unha xornada escolar para o venres 31 de marzo, na que os pictogramas guiarían ó alumnado nas súas actividades diarias, co propósito de que vivenciasen o día a día do alumnado con transtorno do espectro autista.

Confeccionáronse unhas axendas por aula baseadas no horario de aula para o venres, feitas con pictogramas (debuxos que representan as palabras).
Os alumnos tiveron que consultar estas axendas cada vez que ía haber un cambio de actividade, nese momento, a maiores de ler os pictogramas da actividade que tocaba, retiraban os pictogramas das actividades rematadas.