Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
19/08/17
DESPEDINDO A MARTA
TIRO CON ARCO
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
No Festival das Letras Galegas contamos coa presenza dun grupo de mestres da Escola de Música da Pontenova que nos axudaron a interpretar pezas de música tradicional que traballamos durante o curso. Ademais os rapaces do obradoiro de gaita tiveron a oportunidade de amosarlles a todos os presentes o traballo de todo o curso.
Rematamos dándolle un agasallo a Brais. Un monster lata da Factoría Sátrapa.
GRANXA DE CORAIS
Continuando coa educación dos rapaces en todo o relacionado co medio mariño, pareceunos moi interesante unha excursión á Granxa de Corais de Viveiro. Para tomar contacto con este tema tivemos unha charla no centro.
Xa en Viveiro ....Vanesa contounos moitas curiosidades sobre o mundo do acuario que ten na súa casa. Aos rapaces máis pequenos encantoulles xa que o comparaban coaa película de Nemo.
Por último visitamos o apaixoante mundo dos corais.....
MONTAXE DO INVERNADOIRO
Ao remate, os nenos e nenas do colexio axudaron a sacarlles os plásticos protectores ás planchas de policarbonato.
Esperemos que o próximo inverno obteñamos bos alimentos del.
O SABOR DA AVENTURA RUMBO A ... SAN CIBRAO
OBRADOIRO DE GAITA
Os rapaces de 3º a 6º aprenderon a tocar a gaita coa axuda de Brais Monxardín, profesor de gaita, que acudía ao noso centro tódalas semanas de forma desinteresada. O Concello de Trabada colaborou co colexio no desprazamento do profesor.
AS LETRAS GALEGAS NA COCIÑA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)