O 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA nos centros escolares, e no noso cole non podíamos deixar de conmmemorar esta data.
Dentro da nosa temática de cine e aproveitando a película de Alicia no País das Marabillas que os nenos e nenas teñen recente, sacamos ensinanza dela e construímos o lema que decora este ano o cole, que ten o sorriso do gato de Cheshire como protagonista.
O SORRISO É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE EXISTE
Así mesmo, fomos pequenos creadores e reinventamos películas tradicionais, dándolle un novo papel aos coñecidos como "villanos" de Disney. Elaboramos un libro outorgándolle accións positivas aos famosos malvados e quedou unha Obra preciosa.
Aquí vos amosamos o resultado. Estamos moi orgullos@s del ;)
E como en toda boa xornada , non faltou a música. Entre todos aprendimos a coreografía da Danza da Paz, e con este baile tan divertido deixamos ben clara a nosa intención: sementar paz!
E non vos esquezades, que aínda que a PAZ se conmemore un día; a vitoria chegará cando logremos practicala no día a día, regalando sorrisos e bos actos en calquera pequeno acto! :)
♪♪ We are the world, we are the children, we are the ones who make a brighter day... ♫