The stairs of School look a bit more English! New decorations ! Ready, Steady, Go!!
Blog do Colexio Rural Celso Currás (Trabada). Vivencias, recursos e traballo a distancia.
26/03/19
NEW DECORATIONS!
The stairs of School look a bit more English! New decorations ! Ready, Steady, Go!!
A COMERNOS O MUNDO!
A comernos o Mundo! 🌍
Xornada de comidas do mundo no comedor, facéndoa coincidir co día do Consumo. Esta vez a viaxe culinaria levounos a México, Tailandia e Reino Unido!
ST. PATRICK'S DAY 2019
O pasado 18 de marzo foi o Día de San Patricio, unha festivade importante en Irlanda. S. Patricio é o patrón deste país de fala inglesa. A cultura irlandesa pódese resumir en: cor verde, tréboles, duendecillos, lendas, música folk, natureza...
Tivemos moita sorte de aprender todo isto con Declan e incluso fixemos conexión directa con Irlanda e falamos con seu pai en Irlandés!!! Foi estupendo!! Thank you very much Declan!!!
SEMANA DA PRENSA 2019
Semana da Prensa Escolar 2019 do 11 ao 15 de marzo 📰
O quiosco do Curràs con prensa nacional, internacional, revistas temáticas ... para traballar na hora de ler e nas diferentes materias. Un éxito!
12/03/19
8m DÍA DA MULLER
8M, día da Muller. Por todas esas fermosas “fadas” : as nais, avoas, irmás, amigas, mestras, compañeiras... e un longo etc. Grazas por facer este mundo máis bonito! Sigamos loitando por un mundo igualitario e por todo aquilo que merecemos 💜
Aquí unha mostra das mulleres máis importantes da Vida do noso alumnado : por ser o maior apoio, por ser o exemplo a seguir, por coidalos, por axudarlles... As razóns son moitas, pero sobre todo unha: grazas por SER e ESTAR!
Recuncho de Lectura 8M
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)