27/01/16

COMEZANDO A TRABALLAR NA RECICLAXE

 Como sabedes estamos traballando no Proxecto de Sogama, unha das actividades que comezamos a facer neste 2º trimestre foi un mural onde traballamos as distintas formas de reciclaxe. Aquí podedes ver o ben que nos quedou!. Grazas a mestra de plástica que nos axudou moito na elaboración do mural.


25/01/16

XOGO SOGAMA. UN PARTIDO POLO PLANETA

  Dende o día 15  ao 25 de xaneiro puidemos disfrutar dunha actividade do Program de Xogama no que o centro participa. Esta actividade foi un xogo chamado "Un partido polo planeta", sobre a reciclase. Xogamos durante unha semana que o xogo foi pasando aula por aula.



20/01/16

RECREOS NA BIBLIOTECA

 Cada mércores e venres a Biblioteca do noso centro permanece aberta nos recreos para que o noso alumnado poida disfrutar desde espazo e de todos os swervizos que ofrece: zona de lectura, zona de xogos, zona de traballo individual ou grupal, servizo de empréstito, formación de usuarios...



 

VISITA A BIBLIOTECA DO CONCELLO

 Con motivo da participación do alumnado do centro no Certame de Poesías do Nadal, hoxe fomos de visita a Biblioteca do Concello para coñecer os gañadores de dito certame. Agardábannos a Alcaldesa e unha concelleira para recibirnos e darnos moitas sorpresas e agasallos. 






                                       E aquí estas todos os participantes premiados no certame, ademais, todos os que participaron levaron igualmente un agasallo, un libro!!! que sorte!!!








 

AXENTES VERDES

 Como sabedes o centro está a traballar en diferentes proxectos coma Voz Natura ou Sogama entre outros que están orientados a tranaballar a reciclase de diferentes tipos de residuos. Deles xurdiu "As 3 R do Currás" creando a Brigada dos Axentes Verdes. Esta brigada encargase unha vez por semana de recoller polas diversas instalacións do centro as bolsas do papel, do plástico e do cartón para reciclar.