18/12/15

FESTA DE NADAL

 O último día de clase antes das vacacións tivemos a FESTA DE NADAL.


Primeiro puidemos disfrutar dun Teatro de Títeres, a cargo da Compañía Spaghettirros co espectáculo "CINCO HISTORIAS PARA UNHA MAN". 



 A continuación os nenos participaron nunha jinkana de xogos no polideportivo, organizada por Nuria. Tiveron que facer probas cantando panxoliñas, carreriras de renos, facer un puzzle....




 De seguido tivemos unha visita moi especial...Papa Noel cargadiño de sorpresas e regalos...





 E por último coa mestra de música cantamos unhas panxoliñas no salón de actos do centro para todos os nenos e nenas do cole.




ORTOGRAFÍA

 Nas clases de Lingua Castelá de 5º e 6º Primaria levaron a cabo uns carteis traballando diferentes normas de ortografía, moi útiles para cando hai dúbidas!!!


GORROS DE NADAL

 Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria decoraron uns gorros de Nadal para adornan a súa clase.


CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA

 Casi o remate deste 1º trimestre, dende a Biblioteca do centro levamos a cabo o concurso para elexir a mascota da biblioteca, pedindo a participación de todos os nenos e nenas. Fixemos unha votación entre todos os debuxos presentados, seleccionando como finalistas os tres máis votados. E para elexir o gañador fixemos unha segunda votación entre os finalistas. Despois de que votasen todos os nenos o gañador foi...

MURAL MASCOTA BIBLIOTECA

VOTACIÓN

1º FINALISTA E GAÑADOR : O CAMIÓN LECTOR

2º FINALISTA: OS BÚHOS LECTORES

3º FINALISTA: SAPIN O LIBREIRO SALTARÍN

16/12/15

OS OFICIOS

 Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fixeron un mural  na clase de Ciencias Sociais, para a súa aula coa temática dos oficios. Cada un deles co que lles gustaría ser cando sexan grandes...


BUZÓN DE PAPA NOEL

 Fai un par de días que deixamos posto un Buzón para Papa Noel xunto a árbore de Nadal por si algún neno ou nena do centro quere deixar algunha carta...



O RELEVO DE ESPAÑA

 Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria elaboraron un mapa co relevo de España empregando cartolina e plastilina, durante as clases de Ciencias Sociais.


GLORIA FUERTES

 Na clase de Tarefas Integradas de 4º, levaron a cabo unha actividade sobre a escritora Gloria Fuertes, sobre a súa vida e obra. 
Realizaron un lap book que vos amosamos  e tamén un vídeo dun poema.






PALABRAS

 Durante o primeiro trimestre nas clases de Lingua os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria elaboraron un mural adicado as Palabras, onde plasmaron as diferentes clases de palabras, quedando exposto na clase.



POSTAL DE NADAL

 Con motivo do Nadal, na clase de plástica fixemos unhas postales para felicitar estas festas as nosas familias. Mirade que bonitas!!!


14/12/15

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

 Os alumnos do noso centro fixeron entrega, no día de hoxe ao Concello, dos alimentos recollidos na Campaña do Nadal para que sexan repartidos entre as familias máis desvaforecidas  do Concello.




12/12/15

CUMPLEANOS 1º TRIMESTRE

 Aquí tedes a nosa celebración dos cumpleanos dos nenos e nenas que cumpliron anos durante o 1º trimestre do curso. Moitas felicidades a todos!!!











 
 



CONCURSO CONTOS CAMIÑO DE SANTIAGO

 Neste 1º trimestre os nosos alumnos tamén participan nun Concurso de contos da "Asociación Astur Galaica de amigos del Camino de Santiago". Dito concurso consiste en facer un conto sobre o Camiño de Santiago. Estes foron os traballos presentados. Moita sorte a todos!!!




CONCURSO POEMAS DO NADAL

 Nesta ocasión os nosos alumnos desde a 1º a 6 º de Primaria  participaron no concurso de poemas de Nadal que organiza o Concello de Trabada. Aquí tedes moitos dos poemas...canto traballaron os nosos alumnos!!!! Moita sorte a todos!!!


1º P

2º P

3º P

4º P

5º P

6º P