18/12/15

FESTA DE NADAL

 O último día de clase antes das vacacións tivemos a FESTA DE NADAL.


Primeiro puidemos disfrutar dun Teatro de Títeres, a cargo da Compañía Spaghettirros co espectáculo "CINCO HISTORIAS PARA UNHA MAN". 



 A continuación os nenos participaron nunha jinkana de xogos no polideportivo, organizada por Nuria. Tiveron que facer probas cantando panxoliñas, carreriras de renos, facer un puzzle....




 De seguido tivemos unha visita moi especial...Papa Noel cargadiño de sorpresas e regalos...





 E por último coa mestra de música cantamos unhas panxoliñas no salón de actos do centro para todos os nenos e nenas do cole.