Todos os anos cando chega o Nadal, na clase de plástica todos os alumnos e alumnas do centro elaboran os adornos da árbore de Nadal. Este ano os nenos de Infantil, de 1º e 2º fixeron unhas botas con cartolina e goma eva. Mentres que os nenos de 3º a 6º fixeron unhas bolas tamén con cartolina e alfinetes de perlas. Este foi o resultado final...