ESTAMOS TODOS TOLOS AQUÍ..... decía o Gato do País das Marabillas , e bo caso que lle fixemos, que despois duns cantos días aloucados de preparativos puidemos festexar o Entroido como se merece.
Coellos, sombreros, soldados de cartas, reis, raíñas, gatos, cupcakes.... cobraron vida no Soño de Alicia para trasladarnos a pasada semana ao mismísimo PAÍS DAS MARABILLAS na nosa festa de Entroido para vivir un día de película.
Nenos, nenas, mestres e familias disfrutamos dunha xornada colorida, animada e moi doce gracias a todos os postres que trouchedes ao cole. Moitas gracias pola vosa colaboración familias!
Agora, xa toca volver á rutina do colexio despois duns días de festa rachada, imaxinación e diversión carnavaleira, pero os nenos e nenas de Trabada somos afortunados que aínda nos queda un fin de semana de troula por diante co desfile do noso pobo.
Carguemos moitos as pilas, que o tempo pasa voando e cando nos demos conta o trimestre rematou : xa o advirte o coelliño branco, sempre apurado e ás présas ;)
FELIZ FIN DE SEMANA DE ENTROIDO TRABADENSE!